29/01/09

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA


Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.

Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.

Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.

Celso Emilio Ferreiro


---------------


Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.

Miguel Hernández


25/01/09

UN LOTO EN LA NIEVE, Gonzalo Moure


A semana pasada comezamos a lectura de Un loto en la nieve , obra do escritor valenciano Gonzalo Moure. Cóntanos a especial relación entre un rapaz, Marcos, que acompaña ao seu pai nunha escalada nos Picos de Europa, e Von Arx, un alpinista suízo, que revive a súa primeira visita ao Tíbet.
Non vos quero adiantar nada desta relación, aínda que algún xa plantexaba algunha hipótese moi interesante, na última clase.
Aproveitaremos esta ocasión para coñecer un pouco máis os oitomiles da Terra, como o Everest, ou o K2. Achegarémonos ao Tíbet para coñecer a súa historia, a súa arquitectura, as crenzas relixiosas, a alimentación, as condicións climáticas...
E como remate da viaxe, veremos Límite vertical, unha película de Martin Campbell, que recolle o drama dun grupo de alpinistas atrapados pola duras condicións meteorolóxicas no K2.



15/01/09

IMOS AO MUSEO

Hoxe imos realizar unha visita virtual ao Museo Castelao
Na Presentación podemos ler: " Dende o 7 de xaneiro do 2000, cincuenta anos despois da súa morte en Bos Aires, a vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pasarán a ser un patrimonio accesible a todo o mundo e servirán para tender unha ponte entre a memoria histórica e o presente. A posta en marcha do primeiro museo virtual de Galicia, destinado á figura de Castelao, servirá para que os cidadáns poidan ter acceso e profundizar na ampla e diversa obra do máis ilustre dos nosos persoeiros."
Na Zona da biografía vemos a liña da vida de Castelao


No Espacio da arte visitamos o Álbum Nós

Imos ler algúns dos textos máis significativos da obra de Castelao

13/01/09

NÓS


Nos seguintes enlaces do Consello da Cultura Galega tedes información sobre a lingua e a literatura galegas desde 1863 ata 1936:



Le este fragmento de Cousas (1926) de Castelao.

- E si unha centella matase o ladrón do cacique, ti que dirías?

- Pois...eu diría que morreu de morte natural.


11/01/09

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A Revolución Industrial é un período histórico, comprendido entre a segunda metade do século XVIII e comezos do século XIX, no que Inglaterra en primeiro lugar, e o resto de Europa despois, experimentan o maior conxunto de transformacións socioeconómicas, tecnolóxicas e culturais da humanidade, desde o Neolítico.
Os cambios tecnolóxicos inclúen o emprego de novos materiais (ferro e aceiro), novas fontes de enerxía (carbón) e novas formas motrices (máquina de vapor). Grazas á nova maquinaria increméntase a produción con menos gastos; destacan tamén as importantes melloras dos transportes (tren e barco de vapor). Asimesmo hai que falar dunha nova forma de organización do traballo e da aparición do movemento obreiro.
Ímolo ver na seguinte presentación:
A Revolución Industrial

View SlideShare presentation or Upload your own.

07/01/09

REMATOU!

Remataron as vacacións de Nadal e toca volver ás clases. Mañá todos teremos cara de sono e morriña dos días sen horarios e timbres. Ánimo que esta semana é moi breve, xaneiro tamén é curto e, case sen decatarnos, estaremos pensando no disfraz de Antroido!!

Aproveitade as horas de lecer que quedan e ata mañá!