A
Primeira Guerra Mundial foi un conflito armado que se desenvolveu entre
1914 e 1918. Antes da Segunda Guerra Mundial, era coñecida como a Gran Guerra ou a Guerra da Guerra.
A comezos do século XX, a hostilidade entre os países europeos ía en aumento. Gran Bretaña, Francia e Alemaña competían polo comercio e a influencia exterior, mentres que o Imperio austrohúngaro e Rusia tentaban dominar os estados balcánicos do sudeste europeo. A tensión militar entre Alemaña e o Imperio austrohúngaro por unha banda, e Rusia e Francia pola outra propiciou a formación de fortes alianzas militares. En 1914 a situación política europea era moi tensa.

O
28 de xuño de 1914, o archiduque Francisco Fernando,
herdeiro do trono austrohúngaro, e Sofía, a súa muller, foron
asasinados na cidade de Saraxevo, en Bosnia, que pertencía ao Imperio desde 1908, pero era reclamado por Serbia. O 28 de xullo Austria-Hungría declarou a guerra a Serbia, acusándoa dos asasinatos. O que comezou como a terceira guerra balcánica, pronto foi unha guerra europea. Rusia apoiou a Serbia, Alemaña ao Imperio austrohúngaro, e Francia a Rusia.
O 4 de agosto Alemaña invadiu Bélxica, que era neutral, no seu avance cara a Francia. Gran Bretaña, que se comprometera a defender Bélxica, declarou tamén a guerra a Alemaña.
Así comezou a Gran Guerra.
As hostilidades implicaron a 32 países, 28 deles os chamados «Aliados», entre eles Francia, Gran Bretaña e Rusia, Canadá, Estados Unidos (desde 1917), Portugal, Xapón, e Italia (1915). Este grupo enfrontouse á coalición das «Potencias Centrais», integrada polos Imperios Austrohúngaro, Alemán e Turco, acompañados por Bulgaria.

E carteis de propaganda militar como o seguinte, que exhortaba aos británicos a alistarse.

Neste outro
enlace vemos máis imaxes, clasificadas por categorías: armas e equipamento, emprazamentos, tropas, aviación... ou animais que participaron na guerra, como esta pomba mensaxeira soltada dende un hidroavión.