Imos traballar os
textos descritivos, é dicir, aqueles que nos presentan
obxectos,
lugares (
topografía), o
aspecto físico das persoas (
prosopografía), a súa
maneira de ser e actuar (
etopea), ou os dous aspectos á vez (
retrato), e mesmo os
procesos e as
fases que os compoñen.
Segundo afirmaba o escritor francés
Honoré de Balzac, os obxectos que temos son os que mellor nos retratan; así, o que levamos nos petos, na mochila, o que gardamos nun caixón ou debaixo da cama, poden dicir moito dos nosos temores, gustos, manías ou costumes.
Vincent Van Gogh foi un pintor dunha gran sensibilidade cara aos obxectos cotiáns. Un dos seus cadros máis famoso é o titulado
O cuarto de Vincent en ArlésA seguinte imaxe corresponde a un cadro de Edward Hopper, un dos máximos representantes do realismo americano, que amosa algunha das constantes da súa obra: a soidade e a tristura. O seu título é Cuarto de hotel
A vosa tarefa consistirá en escoller un destes cadros e elaborar un texto descritivo, de maneira obxectiva ou subxectiva. Prestade moita atención ás formas, cores, luces e mesmo sensacións que provoquen en vós.