Con dificultades e atrancos técnicos chegamos case sen darnos conta ao remate do curso. Esta é xa a entrada número 100. Si, parece imposible que pasasen tan rápido os meses desde aquel lonxano setembro en que emprendimos ilusionados esta aventura blogueira. Chegou o momento de avaliar o noso traballo, e digo o noso porque se vós algo aprendestes comigo, eu moito aprendín de vós, e tantas cousas descubrimos xuntos!Nalgún intre pareceu que se perdían as forzas, pero finalmente foron recuperadas. Estas últimas semanas quedou ben demostrada a afirmación de Gandhi que elexín como lema do blog "A nosa recompensa atópase no esforzo e non no resultado. Un esforzo total é unha vitoria completa".
O esforzo pagou a pena. Agora podedes descansar no verán e pensar no voso futuro. Eu quedo aquí. Pensarei en vós, e sorrirei pensando nas vosas ocorrencias e nalgún que outro disparate!
Que sexades moi felices.
Nove bicos a repartir entre
Tania
Belén
David
Martín
Tino
J.J.
José Antonio
Pablo
e Sergio


