Este é o resultado do traballo do XEOCÓMIC. Son moitos máis os títulos que se poderían engadir, pero estes son os que nós eleximos.


Ámbito Sociolingüístico. Aula de Diversificación Curricular. CPI San Vicente, A Baña (A Coruña)

Feita a escolma, só queda localizar os diferentes escenarios nos que se desenvolven as accións de cada historia, e situar eses lugares no mapa.
Estamos a ler a primeira novela que escribiu Daniel Defoe, e pola que é máis famoso, Robinson Crusoe (Vida e extraordinarias e portentosas aventuras de Robinson Crusoe de Iork, navegante). Conta a historia dun náufrago e as súas inxeniosas ideas para sobrevivir e está baseada nas aventuras de Alexander Selkirk, un mariñeiro escocés que fora abandonado nunha illa do arquipélago de Juan Fernández, fronte as costas de Chile. Alí viviu durante catro anos e catro meses, ata que foi rescatado.
A vosa primeira tarefa consistirá en procurar nun atlas toda a información precisa para situar nun mapamundi o percorrido que realiza Robinson dende a súa cidade natal ata que naufraxia e chega á illa. A segunda será a redacción dun texto no que expliques que tres obxectos levarías a unha illa deserta e por que.