27/05/10

Datos sobre a UE


A UE fundouse despois da II Guerra Mundial coa intención de traer paz, estabilidade e prosperidade a Europa. Os tres pincipais organismos son:

-O Consello de Ministros da Unión Europea é o principal órgano decisorio da Unión.
-O Parlamento Europeo, que representa os cidadáns, lexisla e reparte o presuposto no Consello da Unión Europea.
-A Comisión Europea, é o principal órgano executivo. Ten o dereito de lexislar, e vela para que as leis se cumplan.

Forman parte da UE os seguintes países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia.

Os símbolos da UE son: a bandeira azul con doce estrelas amarelas en círculo, a divisa "Unida na diversidade" e o himno que é a Oda á Alegría, tomada da novena sinfonía de Beethoven, e o día 9 de maio que é o Día de Europa.

Álvaro e Rubén




24/05/10

UNIDA NA DIVERSIDADE

Que sabes sobre a Unión Europea
  • Por que existe?
  • Que fai?
  • Como funciona?
  • Cales son os seus sí­mbolos?
  • Por que a súa bandeira ten 12 estrelas?
  • Cales son os paí­ses membros?
Se non coñeces todas as respostas pica aquí.

09/05/10

LETRAS GALEGAS

Esta semana ímola dedicar ás Letras Galegas. Comezaremos lembrando en que ano foi inaugurado este recoñecemento, que tres académicos propuxeron esta celebración, que requisitos debe cumprir o escritor ou escritora propostos, quen pode propoñer o nome do homenaxeado, a quen se lle dedicou o primeiro Día das Letras galegas, cantas mulleres foron recoñecidas, por que se celebra o 17 de maio... e por suposto, coñeceremos a obra do homenaxeado deste ano.
Toda esta información e moita máis atoparédela en: