Comezamos o estudo da Revolución Industrial, ese conxunto de cambios técnicos, económicos e sociais que tiveron lugar no sistema de produción de mercadorías a partir de mediados do século XVIII.
Destaca a invención de máquinas especializadas que provocan a mecanización das tarefas produtivas. Esas máquinas son empregadas en fábricas onde traballan obreiros asalariados, sometidos a durísimas condicións laborais. Este sistema fabril acabará desbancando a manufactura e o traballo a domicilio.
James Watt inventa en 1768 a máquina de vapor, que será aplicada no arrastre de vagóns na locomotora e o ferrocarril.
Hai outros inventos estreitamente relacionados coa primeira revolución industrial. A vosa tarefa consistirá en averiguar que inventaron os seguintes personaxes:
- Cartwright en 1787:
- Saint en 1790:
- Volta en 1800:
- Faraday en 1821:
- Sauria en 1831:
- Morse en 1837:
- Daguerre en 1839:
- Nobel en 1867:




