Comezamos a lectura de Corredores de sombra, unha das mellores novelas do máximo expoñente da literatura infantil e xuvenil galega actual, Agustín Fernández Paz. A narradora é Clara, unha muller próxima aos 30 anos, que rememora os acontecementos vividos no pazo dos Soutelo, a súa familia, cando ela tiña 16 anos. Por mor dunhas obras que se levan a cabo para modernizar o pazo, aparece un esquelete, envolto nunha alfombra, que presenta o cráneo furado por unha bala.Estamos ante unha obra na que se mesturan temas como o primeiro amor, as relacións familiares, a amizade e o misterio, pero co telón de fondo da Guerra Civil española, e a posterior represión sobre os vencidos.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada