18/03/11

Corredores de Sombra

Clara era unha nena rica que foi vivir a un pazo nas vacacións de verán con seus pais e seus curmáns. Querían reformalo e cando os albaneis estaban tirando uns tabiques atoparon un cadáver. Chamaron a policía para ver de quen era. Non lle quixeron dar importancia ata que chegou o tío de Clara e quixo saber de quen era. Clara foi pola aldea buscando información con un amigo que encontrara roubando froita e que o final se fixeron moi amigos. Finalmente falaron co pai dunha das criadas do pazo, quen lle contou que fora o avó de Clara, don Pablo. O cadáver era de Rafael, un mestre do que dona Rosalía, avoa de Clara, estaba namorada. Foron amantes e don Pablo deuse conta e fixo coma quen o refuxiaba na casa no tempo da guerra e finalmente matouno. Despois Clara foise vivir a casa de seu tío Carlos a Barcelona porque decidiu ir estudar alá.

Opinión persoal:

O libro está moi ben porque é de moita intriga e moitos misterios. O principio é algo aburrido porque conta o que vai pasar máis adiante e conta tamén como foi cando ela era pequena.

Álvaro Aires Mesías