27/01/11

I GUERRA MUNDIAL

Levamos xa uns días estudando a I Guerra Mundial: as causas que motivaron o inicio do conflito, as fases da guerra, as novas formas empregadas no combate, as terribles consecuencias e os cambios que se produciron no mapa de Europa unha vez firmada a paz.
Vimos a película Paths of glory (Senderos de gloria) de Stanley Kubrick, baseada nunha historia real: a execución durante a Primeira Guerra Mundial, por insubordinación, de catro soldados da Brigada 119 de Infantería do exército francés. A película reflicte con maestría as durísimas condicións de vida nas trincheiras e as inxustizas que toda guerra leva consigo.

Continuamos aprendendo máis cousas grazas á guía visual La Primera Guerra Mundial (editada por Pearson Alhambra) en colaboración co Imperial War Museum de Londres.
Grazas a este magnífico libro soubemos que os alemáns foron os primeiros en empregar lanzachamas, que os tanques británicos se dividían en "masculinos", con cañóns, e "femininos", con metralladoras; que foron empregados can mensaxeiros para levar ordes á liña do frente ou que a Gran Bertha era un obús de 43.700kg capaz de lanzar un proxectil de 1.000 kg a unha distancia de 15 km.

E finalmente estamos a ler un cómic de Jacques Tardi que leva por título unha exclamación desgarrada, que non deixa dúbida da intención do autor: ¡Puta guerra! 1914-1919.  Ademais de ser unha narración cronolóxica do conflito, con debuxos impactantes, a obra inclúe un estudo do historiador Jean Pierre Verney e un DVD no que se contemplan diferentes aspectos sobre a realización do cómic e a guerra.

14/01/11

Tanto te escondiches, sol


Tanto te escondiches, sol
que a duras penas te vexo;
mais inda un raio che pido,
rei da luz, ¡o derradeiro!,
pra que se rían os montes
e se alegren os penedos.
                                              A. NORIEGA VARELA,
                                               Do ermo, (adaptación)


O significado deste poema de Noriega Varela é que son tempos malos.
O texto é de arte menor, os versos teñen 8 sílabas, rima asoante, e ten 2 personificacións no 5º e o 6º verso "que se rían os montes" "e se alegren os penedos".

RUBÉN