Ámbito Sociolingüístico. Aula de Diversificación Curricular. CPI San Vicente, A Baña (A Coruña)
23/02/11
20/02/11
A SEGUNDA REPÚBLICA
Estamos a estudar a Segunda República española (1931-1936). Fracasada a ditadura de Primo de Rivera, o rei Afonso XIII tivo que convocar eleccións municipais o 14 de abril de 1931. Gañaron os partidos republicanos, o que levou a Afonso XIII ao exilio en Roma. Dende alí fixo varios intentos de recuperar a monarquía e antes de morrer, no 41, abdicou no seu fillo Juan (pai do actual rei de España).
2. Quen foi o presidente da República na primeira etapa? A que tendencia política pertencía? E quen foi o presidente do goberno de coalición? A que tendencia pertencía?
3. Explica algunhas das principais novidades que presenta a Constitución de 1931.
Un goberno provisional convocou eleccións xerais a Cortes, coa intención de que se elaborase unha nova constitución.
Esta situación provocou unha gradual división de España en dous bandos, que acabarían enfrontándose na Guerra Civil.Esta é a vosa tarefa:
- Investigar sobre os partidos e os líderes políticos durante a Segunda República. Debedes relacionar os seguintes nomes cos partidos aos que pertencían:
- POLÍTICOS: Lerroux, Calvo Sotelo, Azaña, Alcalá Zamora, Lluís Companys, Largo Caballero, Indalecio Prieto, Primo de Rivera, Gil Robles.
- PARTIDOS: Izquierda Republicana, Falange Española, Partido Radical, Derecha Liberal Republicana, CEDA, PSOE, Esquerra Republicana, Renovación Española.
3. Explica algunhas das principais novidades que presenta a Constitución de 1931.
04/02/11
CORREDORES DE SOMBRA
Comezamos a lectura de Corredores de sombra, unha das mellores novelas do máximo expoñente da literatura infantil e xuvenil galega actual, Agustín Fernández Paz. A narradora é Clara, unha muller próxima aos 30 anos, que rememora os acontecementos vividos no pazo dos Soutelo, a súa familia, cando ela tiña 16 anos. Por mor dunhas obras que se levan a cabo para modernizar o pazo, aparece un esquelete, envolto nunha alfombra, que presenta o cráneo furado por unha bala.Estamos ante unha obra na que se mesturan temas como o primeiro amor, as relacións familiares, a amizade e o misterio, pero co telón de fondo da Guerra Civil española, e a posterior represión sobre os vencidos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

