18/03/11

Corredores de Sombra

Clara era unha nena rica que foi vivir a un pazo nas vacacións de verán con seus pais e seus curmáns. Querían reformalo e cando os albaneis estaban tirando uns tabiques atoparon un cadáver. Chamaron a policía para ver de quen era. Non lle quixeron dar importancia ata que chegou o tío de Clara e quixo saber de quen era. Clara foi pola aldea buscando información con un amigo que encontrara roubando froita e que o final se fixeron moi amigos. Finalmente falaron co pai dunha das criadas do pazo, quen lle contou que fora o avó de Clara, don Pablo. O cadáver era de Rafael, un mestre do que dona Rosalía, avoa de Clara, estaba namorada. Foron amantes e don Pablo deuse conta e fixo coma quen o refuxiaba na casa no tempo da guerra e finalmente matouno. Despois Clara foise vivir a casa de seu tío Carlos a Barcelona porque decidiu ir estudar alá.

Opinión persoal:

O libro está moi ben porque é de moita intriga e moitos misterios. O principio é algo aburrido porque conta o que vai pasar máis adiante e conta tamén como foi cando ela era pequena.

Álvaro Aires Mesías

A miña opinión

Corredores de sombra
Agustín Fernández Paz
Resumen:
Unha muller xa maior conta unha historia que lle pasou de nova dende o seu diario unha historia que lle pasou cando era pequena.
Pertencía a unha familia, por parte do pai rica. O pai e o tío de Clara tiñan un pazo que herdaran. Víctor o pai comproulle a parte ao irmán e reformouno. No medio das reformas encontraron un cadáver emparedado. O pai co prestixio dos Soutelo fixo porque prescribira e que non se soubera nada. Pero Clara empezou a investigar a partir de que encontrara un anel coa inicial R. Fixo un amigo na vila, Miguel, ao que coñeceu roubándolle froita na casa. Estes tiveron unha aventura amorosa e despois acabará sendo un dos mellores amigos de Clara. Entre os dous pescudaron e preguntáronlle aos vellos da vila e descubriron que se trataba dun home chamado Rafael que fora amante de Rosalía, a avoa de Clara. O pai berroulle por andar con Miguel e metendo os fociños onde non debían. A Miguel déronlle unha malleira. Clara seguiu pescudando ata saber que quen o matara fora seu avó Pablo. Non llo puido contar a ninguén, só a seu tío Carlos porque tiña toda a familia en contra. Cando puido, marchou para Barcelona e estudou e fixo a vida alá.

O libro en xeral está ben. Ten unha boa historia e uns bos personaxes. Eu persoalmente recomendaríallo a xente que lle gusta ler. Ten un defecto que é que para chegar a un punto determinado da moitas voltas, entón un libro tan extenso queda en nada. Non ten o final que todo o mundo desexa e espera, estes son os únicos inconvenientes do libro.
Rubén