13/04/11

HANUSSEN E SZPILMAN

Rematada a explicación do ascenso do Nazismo e da Segunda Guerra Mundial, continuamos aprendendo máis cousas grazas a dúas obras impactantes, unha literaria e outra cinematográfica.
A primeira é El mago de Hitler, novela escrita por Guy Didelez e Patrick Bernauw, que recrea a misteriosa desaparición de Erik Jan Hanussen, famoso mentalista e astrólogo, moi afamado na Alemaña nazi.


A segunda obra é a película dirixida por Roman Polanski, El pianista, baseada na historia real do músico polaco de orixe xudea Władysław Szpilman. No filme asistimos á invasión alemá de Polonia, á aplicación de leis xenófobas contra os xudeus, á creación do gueto de Varsovia, á deportación a campos de concentración e exterminio, á violencia máis repulsiva, á morte, á desolación...