04/05/11

OBESIDADE INFANTIL


Na edición dixital de GaliciaHoxe lemos unha alarmante nova sobre saúde que alerta sobre a incidencia de enfermidades de adultos, como a hipertensión e a diabetes mellitus, en nenos, asociadas á obesidade que padecen. Segundo datos da Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas  un de cada tres nenos galegos é obeso, debido á mala alimentación e ao sedentarismo.

Imos ler o seguinte texto que se inclúe na sección de Saúde:

“Dieta atlántica, a solución na comunidade.

O modelo de consumo alimentario dos nenos en Galiza desvíase cada vez máis cara a modelos de inxesta de produtos manufacturados como o estadounidense. O patrón de Dieta Atlántica debe establecerse tendo en conta os alimentos, cuxo consumo constituíu tradicionalmente a achega maioritaria de enerxía, nutrientes e compoñentes de interese nutricional. Do mesmo xeito que se postulou para o recoñecido modelo de Dieta Mediterránea, debe basearse principalmente no modelo gastronómico dos anos 50-60 do século XX nas comunidades de dieta atlántica (no Estado español Galiza, Asturias, Cantabria e País Vasco), xa que nos anos posteriores, os cambios nos hábitos de consumo das sociedades neoliberalistas puideron modificar en parte a dieta orixinaria, sen esquecer que a súa penetración foi considerabelmente menor, ou máis tardía, no ámbito do Arco Atlántico. A dieta atlántica é parte do noso patrimonio cultural e identitario; non é só un tipo de alimentación, senón un estilo de vida, onde existe a actividade física e onde prima a parte pracenteira e social do acto gastronómico, que favorece o noso hábitat e o noso medio e que conforman a nosa idiosincrasia. Como se non, ían existir cerca de trescentas festas vinculadas a alimentos? O Arco Atlántico Europeo constitúe unha gran despensa de alimentos, non só pola súa variedade, senón tamén pola calidade de compoñentes nutritivos e non nutritivos. Comer no Arco Atlántico Europeo é símbolo de saúde e de pracer: asócianse un gozo da comida e bebida, xunto cun mellor mantemento dos hábitos alimentarios tradicionais alleos ao modelo occidental. O paradigma desta tendencia é Estados Unidos e caracterízase polo consumo abundante de alimentos manufacturados de baixa calidade nutricional e ricos en calorías. Este estilo dietético coincide co aumento crecente da prevalencia da obesidade, doenzas cardiovasculares, diabete de tipo dous, doenzas neurodexenerativas, osteoporose e certos tipos de cancro.”

Fonte: GaliciaHoxe.com


Despois da lectura atenta do texto, ides facer as seguintes actividades:

• Busca no dicionario o significado das palabras que non coñezas.

• Resume o contido do texto.

• Destaca as ideas principais e secundarias.

• Elabora un esquema que amose a estructura do texto.
  •    Escribe un texto onde expoñas o teu punto de vista sobre o tema.

01/05/11

YO, ME, MÍ, CONMIGO



Vamos a repasar el uso de los pronombres en castellano.
Leed con atención este fragmento de El túnel, novela de Ernesto Sábato, escritor argentino fallecido este sábado a los 99 años. A continuación, indicad los pronombres utilizados y clasificadlos:

A veces volvía a ser piedra negra y entonces yo no sabía qué pasaba del otro lado, qué era de ella en esos intervalos anónimos, qué extraños sucesos acontecían; y hasta pensaba que en esos momentos su rostro cambiaba y que una mueca de burla lo deformaba y que quizá había risas cruzadas con otro y que toda la historia de los pasadizos era una ridícula invención o creencia mía y que en todo caso había un solo túnel, oscuro y solitario: el mío, el túnel en que había transcurrido mi infancia, mi juventud, toda mi vida. Y en uno de esos trozos transparentes del muro de piedra yo había visto a esta muchacha y había creído ingenuamente que venía por otro túnel paralelo al mío, cuando en realidad pertenecía al ancho mundo, al mundo sin límites de los que no viven en túneles; y quizá se había acercado por curiosidad a una de mis extrañas ventanas y había entrevisto el espectáculo de mi insalvable soledad.



A continuación, realizaréis el siguiente ejercicio. Poned mucha atención en vuestras respuestas y comprobad si habéis contestado correctamente.